Atma. Curtametraxe (2008) 13´

Descrición

Atma é unha curtametraxe experimental que indaga no modo en que funciona a mente humana. A mente non só como pensamento ou razón, senon como as percepcións e significacións que constrúen a realidade cotiá e inmediata coa que se enfrenta cada individuo. Insirado no surrealismo, no existencialismo e nas correntes filosoficas orientais.Para a concepción da idea orixinal, o equipo creativo realizou un traballo de introspección na procura dun modo de captar no filme os diferentes espazos interiores, as multiples liñas paralelas que sigue a nosa consciencia. Pensar como un pensa en definitiva.
Optáronse por unha serie de recursos formáis para  representar isto, entre eles o uso da cámara subxectiva para axudar a que o espectador se introduza na acción, ou a inclusións de monólogos de conciencia no lugar dos clásicos diálogos.  Así, para a creación destes monólogos realizouse un obradoiro de escrita automática surrealista no que seis redactores realizaron un valeriado de conciencia do que se extraeron parte do contido dos devanditos monólogos. A experiencia pagou a pena e superou con creces o obxectivo perseguido: captar os saltos de tempo e tema no divagar da nosa mente e comprender como navegan simultáneamente diversas liñas de pensamento, parcialmente subordinadas á razón.   
Con todo isto pretendese manifestar a diversidade de roles e actitudes que cada ser humano adopta, ata chegar a ser a miudo contradictorio. Atma convida ao espectador a reflexionar sobre os seus propios procesos internos, as súas propias contradiccións, as súas propias paradoxas.

   Argumento

Un día calquera.
Unha muller vai ao traballo conducindo por unha autovía.
Unha oficina chea de traballadores sinónimos.
Un cafeliños coas compañeiras entre cotilleos e lamentos.Un cigarro mentres miras a tele abafada no sofá.
Un paseo pola beira do mar.
Risas e ritmos desmesurados ao abeiro da noite.
Dous amantes na intimidade adícanse doces palabras. 
ATMA pode ser  un tempo situacións pluráis e reflexións singulares.
Unha multitude e un individuo.
Algo alleo e propio.
Como a roda da vida, sen principio e fin.

 

Equipo técnico

Director/a: Guillermo Maceiras Gómez
Guión: Guillermo Maceiras GómezYanira Heredia
Productor/a: Guillermo Maceiras GómezEva Alonso Gómez
Produción executiva: Yanira Heredia
Director/a de animación: Marcos Turnes
Director/a de fotografía: Guillermo Maceiras Gómez
Director/a de arte: Yanira Heredia
Montaxe: Guillermo Maceiras Gómez

Equipo artístico

Protagonistas: Celine Bugnon