David Amor cos Taninos Maduros (2012-actualidade)

David Amor cos Taninos Maduros (2012-actualidade)

Espectáculo de David Amor acompañado  polos Taninos Maduros Jazz Band.

A música, os monólogos, a parodia, o humor, as cancións e moito facer o pallaso, danse cita nun dos shows revelación da tempada.

 

Que ocorrería si xuntamos nun mesmo escenario a un dos mellores e máis guapos humoristas deste país, cunha das mellores e máis guapas bandas de jazz do país?... Pois deixando de lado o tema da beleza, que como diría David Amor, 'Está por ver' , o que obtemos é un espectáculo único. 
Todo empeza cando en 1999 David preséntase a un concurso de beleza, e outórganlle un premio, 'Mr Simpatía'. Este feito malia a crueldade (é como preguntar por unha posible parella e que che digan que é moi simpática, ou sexa nada), non fai que David se veña abaixo, e decide reconducir a súa carreira.
Pasa a Antena 3; ao Club del Chiste, para desenvolver esa faceta na que pensaba que destacaba, pero alí empezan a tratalo de guapo, ata o nomean o 'Duque galego' (aínda que dubidamos da bondade deste título, xa que o único duque galego que coñecemos é o de Lugo e que che comparen con Marichalar...), e xa foi cando o noso protagonista sentiuse fóra de sitio....e sentiu a necesidade de contalo.
E é que este é un galego atípico, sempre sabe si sobe ou baixa, sobre todo si a escaleira é mecánica.
Ademais, tras unha visita a Sarria, coñece aos Taninos Maduros Jazz Band, unha banda con moitos anos de experiencia (centos, si atendemos á idade dalgún dos seus compoñentes) e tras comer, beber e volver beber con eles, deciden emprender esta aventura en conxunto.
Un espectáculo que xa se estreou en Aranda de Duero con gran éxito no verán de 2013 e que acompañou a Leo Harlem na súa primeira vira galega. Experiencia contrastada ao servizo do humor!

DAVID AMOR
Comeza no 2001 en 'O rei dá comedia', programa para a Tvg (onde ata o momento realiza a maior parte da súa carreira audiovisual). De aí pasa ao 'Supermartes', programa veterano de variedades, onde desenvolve distintas disciplinas, colaborador, guionista, voz de marionetas...
Na Tvg participará en varios proxectos durante anos. Programas de variedades como “Luar”, “A terra dos prodixios”, “O programón”, y hasta un espacio propio, “Supermaster”. En la ficción también contarán con el en distintas cosas; “Mareas vivas”, “4º sin ascensor”, “Pataghorobí”.
Polos bares a súa fama vai crecendo, un humor que mestura a tradición da terra, cala entre o público para cada vez pisar mellores auditorios. Empeza a presentar eventos de relevancia como o Campionato do mundo de hockey.
Con toda esta experiencia David decide dar o salto a unha canle nacional. Preséntase ao casting de “El club del chiste”,, onde o collen e empeza a traballar con Globomedia con grandes humoritas da talla de Anabel Alonso e Leo Harlem. Con este último crea un espectáculo, 'Pasa a tomar un café cando queiras', estreado en 2010. O éxito é tal que aínda seguen pechando datas con este espectáculo.
Na actualidade David ten encamiñada a súa carreira cara á ficción en televisión e cine a nivel audiovisual e como humorista percorre os teatros de España demostrando que sabe algo máis que contar chistes.
Empresas como Telefónica, Orange, Samsumg, Gas Natural e Heineken confían no para presentar as súas galas e eventos de marca.
Como estudante de Inef lle gustá dar charlas polos institutos de xeito altruísta explicando verdadeiramente como é o mundo da tele e que sexan telespectadores intelixentes. Neste tempo realiza distintos cursos, traballa algo na radio, corre probas do campionato de España de quads, xoga ao balonmán na elite.....e isto é máis ou menos todo...por agora!

TANINOS MADUROS JAZZ BAND
Bili, José Quiroga, Román Quiroga, Guerra, Sánchez, Moncho, Mestre Rulos e Lalo son a formación actual de Taninos Maduros Jazz Band.
Fai máis de 20 anos que estes músicos fundaron 'Big Band' , formación que ha ir evolucionando ata a actual , que ten xa 9 anos de vida, e centos de km ás súas costas.
Tras unha longa traxectoria por salas de concertos, da man de Producións Etiqueta Negra xórdelles a posibilidade de compartir escenario nunha vira de gran éxito como a que foi Leo Harlem, David Amor e os Taninos Maduros Jazz Band. Tras abarrotar todos os teatros de Galicia, deciden xa non baixarse das táboas, e volveron á carga con este novo espectáculo, no que teñen moito máis peso e dispútanse do teu ao teu con David Amor o título honorífico de estrelas do show.