O segredo de Celestino (2013)

O segredo de Celestino (2013)

O segredo de Celestino.

Lois Pérez & The Estercophonics

Espectáculo de narración oral en homenaxe a Celestino Fernández de la Vega, filósofo e intelectual lucense, tradutor de Heidegger ao galego e que, entre outras cousas, escribiu O Segredo do Humor, un dos ensaios sobre o humorismo máis lúcidos do século XX. 
O acto, que tivo lugar no Café Casablanca de Lugo, foi organizado por AC Cultura do país, e contou coa participación de Juan Carlos Naveiro, filósofo e membro do Grupo Doxa de filosofía; tamén interviron Sergio Aller, (membro de Cultura do País), José Estevez (poeta)e Branca Rodríguez Pazos(dirixente do BNG de Lugo). Asistiron ao acto dous dos fillos de Celestino Fernández de la Vega, que quixeron participar da homenaxe.

Conduciu o acto Lois Pérez, que contou "O segredo de Celestino", na compaña dos Estercophonics, con Mestre Rulos ao saxo e Fernán Gómez á guitarra.