Sonia Frade - Proxecto EntoleArte (2012)

Sonia Frade - Proxecto EntoleArte (2012)

EntoleARTE_Proxecto de creación artística multidisciplinar no antigo manicomio de Castro
 

Desde a Rede Museística, a Área de Cultura e Turismo e a de Benestar Social e Deporte da Deputación de Lugo, convocamos a todos os creadores que desde as diferentes artes, técnicas e ideas (nas diferentes modalidades de plástica, música, literatura e artes escénicas) desexen participar neste proxecto de creación artística multidisciplinar denominado ENTOLEARTE e que se vai desenvolver no edificio do antigo Hospital Psiquiátrico San Rafael, en Castro de Rei (Lugo).

Este edificio, agora baleiro de residentes, o antigo manicomio de Castro, que aínda conserva a memoria da súa propia historia e a dos que durante case sesenta anos foron os seus ocupantes ben merece unha reflexión e unha posta en común desde a óptica das diferentes sensibilidades artísticas.
Por iso, desde a Rede Museística da Deputación de Lugo convocamos aos creadores que desexen intervir neste experimento fugaz antes de que o edificio se dedique a outros usos.
O proxectose desenvolveu entre o sábado 10 de marzo e o sábado 14 de abril de 2012,